editorial galaxia s os 2024

Editorial Galaxia S A Os

Encuentra consejos, opiniones y características sobre Editorial Galaxia S A Os vendido por 19 € , disponible en la categoría Libros y revistas; este producto pertenece a Editorial Galaxia, S.A. y es vendido por Agapea.com.

Libro: Os largos e longos campos de liño azul (978-84-9151-302-5) de Xubín, Isaac (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Otros .. O Dr. My chega á conclusión de que o paciente 500-B carece de alma. Semella carecer, cando menos, de nome, xa que os documentos da institución que dirixe non rexistran ningún dato relativo á súa identidade. O paciente, pola súa banda, insiste en decatarse de que dende a fiestra da súa cela non pode ver os campos de liño azul que caracterizan a paisaxe da súa terra. Rahab e Fresser andan na súa procura, pero non acaban de estar seguros de que atopalo sexa o mellor que pode acontecer. Escóitanse tiros no bosque, alguén está a chamar por teléfono, a derrota aparece no horizonte, tan cerca que se pode apalpar. 0

Condición: new
Disponibilidad: in_stock
Tiempo de entrega: 2-3 días
EAN: 9788491513025

Editorial Galaxia S A Os

Explora consejos, opiniones y características sobre Editorial Galaxia S A Os vendido a 23.47 € ; este producto está listado en la categoría Libros y revistas, producido por Editorial Galaxia, S.A. y vendido por Agapea.com.

Libro: Os elefantes de Sokúrov (978-84-9865-640-4) de Riveiro Coello, Antón (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. Encuadernación: Rústica con solapas Colección: Literaria ; 338 O autor do libro elabora unha trama na que os propios personaxes toman a palabra para relatar unha historia de temas tan diversos coma o amor, o suicidio, a crise económica, a creación, a memoria, as artes e a solidariedade. Estamos no Nadal de 2012. Janis, con trinta anos e un expediente académico exemplar, agarda por unha convocatoria para as oposicións ao ensino. Mentres, fai crítica de cine e coida de anciás nun andar de Santiago. Almorza todas as mañás nunha cafetería da zona vella, onde un descoñecido escribe e le sen acougo. Janis adoita observalo e queda engaiolada pola súa presenza ata que un día el desaparece. A partir dese acontecemento en aparencia nimio, a protagonista da novela vai iniciar unha pescuda que a ha levar á súa infancia, á mocidade dos seus pais, a dos movementos xuvenís e as arelas de cambiar o mundo, e ao cabo, á descuberta dun enigma que, sen que Janis o saiba, ha marcar a súa vida. A través das historias dos seus personaxes, o autor do libro consegue vencellar pasado e presente, unindo inextricablemente a recuperación da memoria coa busca do senso da vida. Moi poucos novelistas conseguen transformar temas de actualidade coma os problemas da vellez, os desafiuzamentos, o traballo precario da mocidade e a pobreza nas rúas nun relato sobre o esencial da vida humana. O autor do libro é quen de o facer ao incrementar a capacidade de atracción das reviravoltas dunha trama coidada en todos os seus pormenores, co engado duns personaxes trazados de maneira vívida e cuns recursos literarios nos que a metáfora e o símbolo están ao servizo da narración. A obra é unha gran novela sobre o presente porque, desde o actual, nos fai concibir o tempo todo como un senso que libera. 0

Condición: new
Disponibilidad: in_stock
Tiempo de entrega: 2-3 días
EAN: 9788498656404

Editorial Galaxia S A Os

Descubre información, consejos y precios para Editorial Galaxia S A Os vendido por 14.54 € , disponible en la categoría Libros y revistas; este producto es vendido por Agapea.com y fabricado por Editorial Galaxia, S.A..

Libro: Os arriscados (978-84-8288-736-4) de Mouriño Fernández, Miguel Anxo (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. Se queres formar parte dun clube de amigos, velaquí tes un ben interesante. Para formar parte da banda dos Arriscados terás que superar algunhas probas que se che contan neste libro. Tamén deberás amosar un pouco de valor e intelixencia. E mesmo che cumprirá aprender un idioma inventado. Pero todo isto paga a pena con tal de compartir as aventuras que aquí vas atopar. Adiante.. Lé e verás o que hai que facer para ser un arriscado en toda regra. 0

Condición: new
Disponibilidad: in_stock
Envío: 2.95
Tiempo de entrega: 2-3 días
EAN: 9788482887364

Editorial Galaxia S A Os

Explora consejos, opiniones y características sobre Editorial Galaxia S A Os vendido a 18.52 € ; este producto está listado en la categoría Libros y revistas, producido por Editorial Galaxia, S.A. y vendido por Agapea.com.

Libro: Os Eoas (978-84-11-76201-4) de Pondal, Eduardo (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Libros de Poesía .. Nunca publicados en vida do seu autor, Os Eoas ?cuxa versión derradeira data de 1913-1914? veñen conformar o gran proxecto épico concibido por Eduardo Pondal. A figura de Cristovo Colón ?a quen o autor bergantiñán, segundo as teses de García de la Riega e Constantino Horta, presenta como galego de nación? e mais a descuberta de América constitúen, daquela, o eixe temático do texto. Malia non seren sempre ben avaliados por determinada crítica, Os Eoas responden ao afán pondaliano por ser quen de demostrar as máis altas capacidades artísticas do idioma galego. Asemade, veñen alicerzar o soño iberista do poeta, participando do devezo deste por acadar unha epopea fundacional, en consonancia con outros textos presentes nas literaturas europeas e americanas da época. 0

Condición: new
Disponibilidad: in_stock
Tiempo de entrega: 2-3 días
EAN: 9788411762014

Editorial Galaxia S A Os

Explora consejos, opiniones y características sobre Editorial Galaxia S A Os vendido a 20.09 € ; este producto está listado en la categoría Libros y revistas, producido por Editorial Galaxia, S.A. y vendido por Agapea.com.

Libro: Os afogados (978-84-11-76160-4) de Rañales, Pablo J. (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Otros .. Premio Illa Nova de Narrativa 2023 Unha nova especie animal invadirá a Galicia do século XXI. Os afogados, uns seres compostos de cunchas, algas e navallas, emerxerán do máis fondo do Océano Atlántico e encherán todas e cada unha das praias. Transformarán as nosas paisaxes contemporáneas e retarán a sociedade galega con moitas preguntas: que queren?, a que agardan?, por que teñen forma antropomórfica? A humanidade terá que buscar respostas e elixir como enfrontarse a estes seres: se dende o relato bélico, a análise científica ou o agarimo. A bioinformática Ruth Perea, o sociólogo Nico Romero, a estrela das redes sociais Lucía Rei ou o pequeno Martín relacionaranse cos afogados e afrontarán o medo ao descoñecido, coa obsesión por crear coñecemento e co temor a deixar de ser a especie dominante da Terra. Os afogados explora a relación coa natureza e a viralización dos discursos de odio, ademais de reflexionar sobre a función da ciencia e a paisaxe nas nosas vidas. 0

Condición: new
Disponibilidad: in_stock
Tiempo de entrega: 2-3 días
EAN: 9788411761604

Editorial Galaxia S A Os

Descubre información, consejos y precios para Editorial Galaxia S A Os vendido por 19.86 € , disponible en la categoría Libros y revistas; este producto es vendido por Agapea.com y fabricado por Editorial Galaxia, S.A..

Libro: Os kowa (978-84-9865-681-7) de Queipo, Xavier (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Otros .. Velaquí unha novela de aventruas que comeza en Europa (Bruxelas, Compostea, Copenhague) para continuar co pano de fondo da selva amazónica. Partindo dunha casualidade, a descubierta nun catálogo de bolboretas tropicais dun espécime de Callitaera aurora, Xavier Queipo escribe un texto de celebración da aventura, da busca da identidade, dese lugar privativo que é o noso lugar no mundo. O narrador é un científico naturalista que, logo de iniciar unha viaxe equinoccial, se atopa perdido no medio do mato, nunha selva inzada de perigos mais tamén de descubertas existenciais. Conforme avanza o relato, as reflexións íntimas do protagonista van deixando un pouso entrópico que nos devolve ao paraíso perdido, á selva enigamática, ao labirinto sen fío de Ariadna salvador. Nesta novela, coa que obtivo o Premio Blanco Amor en 2015, Xavier Queipo consegue un alento narrativo intenso e, ás veces, desacougante no que se apalpa a soidade e a tensión dun home enfrontado ao seu destino. 0

Condición: new
Disponibilidad: in_stock
Tiempo de entrega: 2-3 días
EAN: 9788498656817

Editorial Galaxia S A Os

Descubre información, consejos y precios para Editorial Galaxia S A Os, con un costo de 21.09 € : se encuentra en la categoría Libros y revistas; este producto es vendido por Agapea.com y fabricado por Editorial Galaxia, S.A..

Libro: Os límites do crecemento. Informe para o proxecto do club de Roma sobre os retos da humanidade (978-84-9151-845-7) de VARIOS (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Economía .. En 1972 publicábase The limits to Growth, (Os límites do crecemento), unha obra que resume o informe (coñecido como informe Meadows) solicitado polo Club de Roma ao Massachusetts Institute of Technology. Preparado por un grupo de profesores e investigadores desta institución, trata de analizar os retos da Humanidade cara ao futuro, nun momento xeneralizado de desilusión e incertezas e tras dúas décadas de crecemento económico extraordinario: no paso dende o capitalismo produtivo ao capitalismo financeiro; no comezo da globalización económica e das tecnoloxías da información e comunicación, unha consecuencia doutra. O resultado reafirma que o camiño que seguiu a humanidade ata daquela era erróneo, e suxire alternativas para reconducir a situación, demandando actuacións con urxencia. Conclusións que foron duramente atacadas dende o poder establecido. Cincuenta anos, varias edicións e traducións a máis de trinta linguas tiveron que pasar para comezar a declarar a situación do planeta como de emerxencia, ao que se se suma esta primeira tradución ao galego. Posiblemente tarde, mais mellor tarde que nunca. 0

Condición: new
Disponibilidad: in_stock
Tiempo de entrega: 2-3 días
EAN: 9788491518457

Editorial Galaxia S A Os

Explora consejos, opiniones y características sobre Editorial Galaxia S A Os vendido a 18.82 € ; este producto está listado en la categoría Libros y revistas, producido por Editorial Galaxia, S.A. y vendido por Agapea.com.

Libro: Os corpos dos Romanov (978-84-9151-953-9) de Ramos, Alberto (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Literatura en Otros Idiomas .Novela y Narrativa en otros idiomas .. Premio DE NARRATIVA BREVE Repsol 2022 Dous homes entran nun bar. Non se coñecen, nunca cruzaron palabra e non poden sospeitar que, cinco días despois, un morrerá a mans do outro. Niso terá moito que ver unha muller, Carol Kembler, a irmá dunha nena desaparecida trinta anos atrás. E un suceso insólito: a evacuación de Augsburgo durante o Nadal de 2016 ao descubrirse unha bomba da Segunda Guerra Mundial que non estourara. A cidade baleirada devorará a Matthias Lentz, a Wilhelm Wegener e á propia Carol nunha novela sobre o cruzamento involuntario de vidas e pasados, as cicatrices mal disimuladas do trauma e o silencio agreste do que permanece oculto. Pero tamén sobre o azar que move o mundo e os campos de minas que poden chegar a ser certas familias. Cun estilo literario inconfundible, ao tempo fráxil e punxente, Alberto Ramos constrúe en Os corpos dos Romanov unha intriga cativadora que atrapa a quen le na recámara onde cada segredo terrible agarda a súa detonación. 0

Condición: new
Disponibilidad: in_stock
Envío: 2.95
Tiempo de entrega: 2-3 días
EAN: 9788491519539

Editorial Galaxia S A Os

Descubre información, consejos y precios para Editorial Galaxia S A Os, con un costo de 16.91 € : se encuentra en la categoría Libros y revistas; este producto es vendido por Agapea.com y fabricado por Editorial Galaxia, S.A..

Libro: Os anxos indecisos (978-84-9151-361-2) de Fernández Vázquez, Manrique (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Libros de Poesía .. Os personaxes que protagonizan as historias de Os anxos indecisos están situados nos bordos, nas fronteiras, nos lindes. A dúbida e as posibilidades, reais ou fantasiosas, preséntanse para conceder ao instante das decisións unha marxe estreita con consecuencias enormes. O cotián e o sorprendente tecen a narración, con super modelos, xornalistas ?de raza?, música de Sam Cooke, romances de nenez, mocidade eterna de gata cíngara, trasnos náufragos? e violencia, baixos fondos, ilusións rotas, enfermidade, celos e a propia vida posta ao límite. Malia todo isto, en todas queda un pequeno canto á esperanza e a ilusión por unha realidade mellor... Cada lector ou lectora terá que decidir con que parte queda, se asume a crueza de fondo ou pervive nese soño en que os protagonistas tamén quererían vivir, cómplices da dúbida e do esquecemento. 0

Condición: new
Disponibilidad: in_stock
Envío: 2.95
Tiempo de entrega: 2-3 días
EAN: 9788491513612

Editorial Galaxia S A Os

Descubre información, consejos y precios para Editorial Galaxia S A Os, con un costo de 16.25 € : se encuentra en la categoría Libros y revistas; este producto es vendido por Agapea.com y fabricado por Editorial Galaxia, S.A..

Libro: Os peloteiros de Mallo, Patricia, Padrón, Dani Editorial Galaxia, S.A. 978-84-9151-344-5 188p. 13,30 EUR Comprar Libros de Literatura

Condición: new
Disponibilidad: in_stock
Envío: 2.95
Tiempo de entrega: 2-3 días
EAN: 9788491513445

Editorial Galaxia S A Os

Descubre información, consejos y precios para Editorial Galaxia S A Os vendido por 22.42 € , disponible en la categoría Libros y revistas; este producto es vendido por Agapea.com y fabricado por Editorial Galaxia, S.A..

Libro: Os camiños da vida (978-84-7154-724-8) de Mariño Paz, Ramón, Otero Pedrayo, Ramón (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. Trátase dunha novela que se foi publicando dividida en tres volumes e que narra a historia dos Doncos e dos Puga, dúas familias que representan o pasado e o futuro do país. Aquí atópanse as principais correntes do XIX galego: a desfeita do tradicional mundo agrario debida ao fracaso da fidalguía rural e aos efectos da desamortización de bens eclesiásticos; a irrupción dunha nova economía capitalista e dunha concepción burguesa da vida; o nacemento das ideoloxías e os movementos galeguistas. 0

Condición: new
Disponibilidad: in_stock
Tiempo de entrega: 2-3 días
EAN: 9788471547248

Editorial Galaxia S A Os

Descubre información, consejos y precios para Editorial Galaxia S A Os, con un costo de 18.62 € : se encuentra en la categoría Libros y revistas; este producto es vendido por Agapea.com y fabricado por Editorial Galaxia, S.A..

Libro: Os outros feirantes (978-84-8288-972-6) de Cunqueiro, álvaro (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Otros .. Retratos ao miúdo, coma os que se adoitaban facer nas feiras, Os outros feirantes é un libro escrito con maxia verbal e, ao tempo, con autenticidade. No fondo destas páxinas latexa o pálpito vivo dunha Galicia chea de humor e enxeño. Retratos que teñen como modelo a xente inventada ou mesmo tirada da realidade do país, ou ambas as cousas á vez. 0

Condición: new
Disponibilidad: in_stock
Tiempo de entrega: 2-3 días
EAN: 9788482889726

Editorial Galaxia S A Os

Encuentra consejos, opiniones y características sobre Editorial Galaxia S A Os vendido por 19.86 € , disponible en la categoría Libros y revistas; este producto pertenece a Editorial Galaxia, S.A. y es vendido por Agapea.com.

Libro: Os mundos de agora (978-84-9151-634-7) de Oreiro Serrano, Lois (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Otros .. "Temos a vista presa na pantalla do móbil e a presenza dixitalizada. As Big Tech abriron as fronteiras entre o laboral e o ocio e entre o íntimo e o social mentres explotan libremente os nosos datos e nos secuestran a atención. Cando Occidente aínda debate póriles límites, unha nova espiritualidade tecnolóxica proxecta ampliar o negocio con implantes cerebrais e corporais para transmitir mello, aptos incluso para pensar por nós. Non falamos de excentricidades transhumanistas, senón dun proceso que se vai ligar a necesidades que ninguén discute: a saúde e o emprego. O imperativo sanitario e laboral lexitima modificar a intelixencia, os sentidos, as emocións... Seremos ciborgs? Nacen, viven e morren os ciborgs? Aman e pensan como facíamos nós? Estes son Os mundos de agora"--Page 4 of cover 0

Condición: new
Disponibilidad: in_stock
Tiempo de entrega: 2-3 días
EAN: 9788491516347

Editorial Galaxia S A Os

Explora consejos, opiniones y características sobre Editorial Galaxia S A Os vendido a 19.05 € ; este producto está listado en la categoría Libros y revistas, producido por Editorial Galaxia, S.A. y vendido por Agapea.com.

Libro: Os segredos do bosque de Ben-Cho-Shey (978-84-11-76187-1) de López-Barxas, Paco (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Otros .. Que segredos oculta o bosque de Ben-Cho-Shey nun día de néboa? Por que ten ese nome tan raro? A quen lle gusta xogar á billarda? En que falan os afiadores de navallas, tesoiras e coitelos? De que lugar saíron para percorrer o mundo detrás dunha roda? Que trasgos se agochan debaixo dun maio feito con musgo, flores e carrabouxos para non ser descubertos? O bosque de Ben-Cho-Shey esconde segredos que ninguén coñece. Pero, cales son? Os segredos non se contan; descóbrense nestas páxinas, seguindo os pasos de Loaira e Lislé, dous dos protagonistas desta historia. 0

Condición: new
Disponibilidad: in_stock
Envío: 2.95
Tiempo de entrega: 2-3 días
EAN: 9788411761871

Editorial Galaxia S A Os

Encuentra consejos, opiniones y características sobre Editorial Galaxia S A Os vendido por 18.06 € , disponible en la categoría Libros y revistas; este producto pertenece a Editorial Galaxia, S.A. y es vendido por Agapea.com.

Libro: Os biosbardos (978-84-8288-914-6) de Blanco-Amor, Eduardo (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. Os biosbardos é un conxunto de "contos para a xente", postos todos en boca de sete rapaces de diferentes idades que van contando experiencias persoais do intenso e ás veces dramático mundo infantil. Estes relatos pertencen, sen dúbida, ao núcleo das mellores páxinas que nos deixou este mestre da moderna narrativa galega. Son, quizais, as máis sinceras e menos académicas de cantas escribiu. Nelas brillan con luz propia as mellores virtudes do seu autor, sen interferencias de ningún tipo. El mesmo o recoñecía así. Sete contos sinceros e intensos coa infancia como protagonista. 0

Condición: new
Disponibilidad: in_stock
Envío: 2.95
Tiempo de entrega: 2-3 días
EAN: 9788482889146

Editorial Galaxia S A Os

Descubre información, consejos y precios para Editorial Galaxia S A Os vendido por 20.14 € , disponible en la categoría Libros y revistas; este producto es vendido por Agapea.com y fabricado por Editorial Galaxia, S.A..

Libro: Os dous de sempre (978-84-8288-741-8) de Castelao (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Novela y Narrativa Española e Hispanoamericana .. Esta novela, publicada por primeira vez en 1934, converteuse, desde a súa recuperación por Galaxia en 1967, nun dos libros preferidos polos nosos lectores, que fixeron del unha das obras de máis difusión de toda a historia da literatura galega. é a historia de dous tipos universais, Pedriño e Rañolas, que encarnan dúas maneiras de ser de sempre. O primeiro, que ve o mundo desde a perspectiva da ra, sería quen de comer o seu pai polos pés. O segundo, que se fose rico andaría nun cabalo branco, ve o mundo desde a perspectiva alta do paxaro. Os dous de sempre é a única novela de Castelao. 0

Condición: new
Disponibilidad: in_stock
Envío: 2.95
Tiempo de entrega: 2-3 días
EAN: 9788482887418

Editorial Galaxia S A Os

Descubre información, consejos y precios para Editorial Galaxia S A Os, con un costo de 19.86 € : se encuentra en la categoría Libros y revistas; este producto es vendido por Agapea.com y fabricado por Editorial Galaxia, S.A..

Libro: Os tímpanos de Compostela (978-84-9151-960-7) de Yzquierdo Peiró, Ramón (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Otros .. Os tímpanos de Compostela é unha recompilación destas obras escultóricas, de grande interese ?e a partir das que xurdiron novos modelos iconográficos que tiveron destacada difusión ao longo dos tempos?, que se atopan na catedral compostelá e noutros lugares da cidade, e que adoitan pasar inadvertidas para a maior parte de composteláns e visitantes, e que configuran un percorrido distinto para coñecer a cidade. Este traballo únese ao labor de recuperación do noso patrimonio cultural, en coedición co Consorcio de Santiago, onde o texto de Ramón Yzquierdo Peiró, doutor en Arte e director técnico-conservador do museo da catedral de Santiago, se acompañan de magníficas ilustracións que completan a explicación. 0

Condición: new
Disponibilidad: in_stock
Tiempo de entrega: 2-3 días
EAN: 9788491519607

Editorial Galaxia S A Os

Descubre información, consejos y precios para Editorial Galaxia S A Os, con un costo de 19.67 € : se encuentra en la categoría Libros y revistas; este producto es vendido por Agapea.com y fabricado por Editorial Galaxia, S.A..

Libro: Os mortos que amei (978-84-11-76223-6) de Collazo, Iria (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Otros .. Celeste decidiu fuxir con 83 anos, un día de abril, o mes en que abren as rosas das cerdeiras. Atopou a maleta onde levaría as súas pertenzas entre mantas e mantóns de estopa, la e angora; blusas de seda en tons pasteis e colo con brocado; bolsos de coiro de res criada coa mesta herba eterna da Pampa; broches dourados con forma de coleópteros máxicos... O can Elvis e o seu consogro, Antón, taxista xubilado ao que sempre acompaña o fantasma de Vita, a súa muller, serán as únicas compañías na súa longa odisea cara ao Sur. Este é o relato da súa viaxe. En 'Os mortos que amei', Iria Collazo escribe unha road trip disparatada a través de estampas da vida e da morte dos seus avós, co humor e a tenrura como protagonistas, que contan con nostalxia unha historia de amor imposible, onde todo o que coincide coa realidade é inventado. 0

Condición: new
Disponibilidad: in_stock
Envío: 2.95
Tiempo de entrega: 2-3 días
EAN: 9788411762236

Editorial Galaxia S A Os

Encuentra consejos, opiniones y características sobre Editorial Galaxia S A Os vendido por 18.53 € , disponible en la categoría Libros y revistas; este producto pertenece a Editorial Galaxia, S.A. y es vendido por Agapea.com.

Libro: Os vellos non deben de namorarse (978-84-8288-740-1) de Castelao (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Teatro .. Preparada por Manuel Rosales, Os vellos non deben de namorarse é unha excelente mostra das ideas e das capacidades teatrais de Castelao, que logrou plasmar nesta peza un mundo escénico no que a tradición popular galega avivece en contacto coas tendencias renovadoras do teatro europeo. Pedra angular da literatura dramática galega, a popularidade desta fermosa obra non deixou de medrar desde a súa estrea en Bos Aires no ano 1941. Chega agora esta versión dentro da Edición do cincuentenario, ilustrada coas láminas en branco e negro e en cor elaboradas polo propio Castelao. 0

Condición: new
Disponibilidad: in_stock
Envío: 2.95
Tiempo de entrega: 2-3 días
EAN: 9788482887401

Editorial Galaxia S A Os

Descubre información, consejos y precios para Editorial Galaxia S A Os vendido por 16.91 € , disponible en la categoría Libros y revistas; este producto es vendido por Agapea.com y fabricado por Editorial Galaxia, S.A..

Libro: Os nenos da varíola (978-84-9151-026-0) de Solar, María (Editorial Galaxia, S.A. ) Comprar Libros de Literatura .Libros juveniles .Libros juveniles de otros géneros .. Desta volta achégase a unha das aventuras máis importantes da historia da humanidade, protagonizada por uns nenos que non tiñan idea de facerse heroes. Aínda que o foron. Nos seus pequenos corpor, brazo a brazo, levaron a vacina da varíola a América. Sacados dos hospicios da Coruña, Santiago e Madrid, cruzarán o Atlántico formando parte da Expedición do doutor Balmis e na que unha muller fascinante, Isabel Zendal, xogará un apapel determinante. A historia comeza en 1803. Na miseria dos orfanatos. Nun barco que pode ser tamén unha tumba. Nun mar hostil e desapiadado. No medio dese universo cruel, a esperanza e un posible futuro. O heroísmo anónimo de 22 nenos que, grazas a este libro, xa non o serán máis nunca. 0

Condición: new
Disponibilidad: in_stock
Envío: 2.95
Tiempo de entrega: 2-3 días
EAN: 9788491510260



editorial galaxia s os


https://es.shoppaloo.com/ participates in the Amazon Europe S.r.l. Affiliate Program, an affiliate program that allows sites to receive an advertising commission by advertising and providing links to the Amazon.fr site